"OMM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 73.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión francesa, que quere dicir ‘posesión comunitaria’, dada ao conxunto de normas, xurisprudencia e actos políticos vixentes na Comunidade Europea e que son de obrigado cumprimento polos gobernos, empresas, asociacións e persoas.
-
PERSOEIRO
Compositor, violinista e mestre de canto italiano. Na liña de evolución instrumental de Vivaldi, escribiu unha cincuentena de óperas, sonatas, balletti, concertos e sinfonías. Bach recuperou algúns dos seus temas para fugas. A súa obra estivo esquecida ata que no s XX volveu ser obxecto dun crecente interese, especialmente os seus Concerti grossi e o popular Adagio, obra creada polo musicólogo italiano contemporáneo R. Giazotto a partir dun fragmento orixinal manuscrito.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente revolucionario napolitano máis coñecido como Masaniello. De familia menestral, era vendedor de peixe. Hábil, pero de carácter violento, estivera na prisión do almirantado, onde conseguiu pórse en contacto cos burgueses que máis tarde mantiveron a súa revolta. O establecemento dun imposto sobre as froitas, entre xuño e xullo de 1647, provocou unha verdadeira revolta que deu o poder municipal a Masaniello. Unha vez no poder organizou a milicia cidadá revolucionaria e refixo a administración local. A represión que iniciou contra a nobreza e antigos partidarios seus, así como a súa vida, ostentosamente luxosa, motivou que fose asasinado polos seus inimigos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor de Teoloxía e dominico. Formou parte da comisión de reforma que preparou o documento Consilium de emendanda Ecclesia (Consello da Igrexa reformada, 1538). Contribuíu á aprobación dos estatutos da Compañía de Xesús por Paulo III (1540). Nomeado cardeal (1542), foi membro do consello romano para o Concilio de Trento na súa primeira etapa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria italiana, estreitamente controlada polo Istituto di Ricostruzione Industriale (o 98% do capital), fundada en Milán en 1894. No ano 1918 fundou a Banca Commerciale Italiana (France) S A, que abriu unhas sucursais en Marrocos que subsistiron ata o ano 1962. Ampliou a súa actuación a todo o estado italiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Domenico Veneciano (Venecia 1405 ? - Florencia 1461) Pintor. Traballou en Perugia e en Florencia, onde se estableceu definitivamente. Pintou unha serie de frescos para a igrexa de Sant’Egidio de Florencia axudado por Piero della Francesca. A súa obra caracterízase por unha gran luminosidade, polo perfecto estudo da perspectiva e da ambientación da paisaxe e polo colorido suave.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro oficial da Igrexa de Inglaterra, que contén o oficio, as fórmulas de administración dos sacramentos, diversos ritos públicos e privados, o salterio e, desde 1552, o ordinario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipoloxía de espectáculo teatral. Ten as súas raíces en Roma, onde tivo continuidade unha vella tradición cómica popular que, malia as condenas e prohibicións da cada vez máis influínte igrexa cristiá, se desenvolveu na peripecia dos histrioni, mimi, thimelici, pantomimi e joculatores, que deu lugar na Idade Media ao teatro profano. Baseada nunha linguaxe burlona, nunha mímica exuberante e nun espírito crítico e sarcástico, coñece un particular desenvolvemento en Italia, feito que deu lugar a un xénero escénico, a commedia all’improvisso, que ten o máis claro precedente nas farsas atelanas, que tipifican e desenvolven os personaxes, argumentos, técnicas de actuación e prácticas escénicas propias da tamén chamada commedia a saggeto. Ten o seu trazo diferenciador no traballo colectivo sobre un guión previo e na improvisación, técnica que permite desenvolver a acción e os conflitos a partir dun núcleo argumental primario. O traballo do actor é outra característica do xénero, co que crea unha...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espectáculo producido e realizado polas compañías Ollomol e Tranvía Teatro, que dende entón conflúen en Ollomoltranvía. Dirixida por Cándido Pazó e interpretada por Víctor L. Mosqueira, Nuria Sanz, Evaristo Calvo, Marcos Orsi, Avelino González e Santiago Prego, estreouse en setembro de 1993, no douscentos cabodano de Carlo Goldoni. O espectáculo gozou dun notable éxito de público e crítica e participou en múltiples mostras e festivais, incluído o prestixioso Festival de Teatro Clásico de Almagro, amais de obter os Premios Compostela ao Mellor Actor, ao Mellor Espectáculo e á Mellor Dirección. Foi un espectáculo no que destacou o traballo de actores e actrices que, sempre á vista do público, recreaban con naturalidade as diferentes situacións e conflitos, dándolles vida aos máis diversos personaxes, interpretando cantigas e realizando os máis variados efectos sonoros. A concepción e a realización do espazo escénico foi outro dos aspectos destacados desta produción.
-
DISTRITOS
Distrito do NO de Surinam (2.353 km2; 20.063 h [1980]). A capital é Nieuw Amsterdam.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estrofa que pecha a sextina, a canción italiana e outro tipo de composicións. Pode estar integrada por unha estancia completa ou por parte dela, e incluso establecer un novo esquema métrico, mantendo a medida dos versos en hendecasílabos e heptasílabos. A norma petrarquista impón que sexa máis breve ca as demais e que repita, completa ou parcialmente, a disposición da sirima con novas rimas, aínda que non sempre se respectou a norma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liber Commicus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura de pensamento que consiste en proclamar a ameaza de grandes males próximos, coa finalidade de intimidar o receptor e provocar nel un cambio de actitude. Evita a ameaza directa e emprega a emotividade para influír na vontade do receptor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas leñosas de África oriental, da familia das burseráceas, produtoras da mirra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo do Estado francés creado en 1945 para canalizar a busca fundamental e aplicada da enerxía nuclear. Dispón de diversos centros de estudios nucleares (Fontenay-aux-Roses, Saclay, Grenoble e Cadarache) e xerou algunhas sociedades filiais, de estatuto privado, para as actividades economicamente rendibles.
-
PERSOEIRO
Poeta e apoloxista cristián. As súas obras, Instrutiones e Carmen apologeticum, representan o primeiro intento de construír unha épica cristiá.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Locución que designa a fonte máis antiga do dereito común inglés. Trátase dunha síntese e selección de usos e costumes locais de Inglaterra e doutros países nórdicos xunto coa herdanza do dereito romano, unificadas a través das prácticas dos tribunais e que se basean na regra dos precedentes (case law), ata conformarse como a base do dereito nos países de fala inglesa. Malia as transformacións que sufriu pola aparición da equity law, é a fonte máis importante do dereito inglés e serviu de base para o sistema xurídico dos países de colonización británica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Book of Common Prayer.
-
PERSOEIRO
Economista norteamericano. Investigou no campo das relacións industriais e da economía monetaria. Escribiu The Distribution of Wealth (A distribución da riqueza, 1893) e History of Labour in the United States (Historia do traballo nos EE UU, 1918-1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Réxime político instaurado en Inglaterra por Oliver Cromwell despois da execución de Carlos I (xaneiro de 1649) e que se estendeu a Escocia e Irlanda. Aínda que nun sentido amplo o sistema cromwelliano durou ata finais de 1660, cómpre aplicar estritamente esta denominación para o período de tempo comprendido entre 1649 e 1653, data en que Cromwell pasou a gobernar de forma ditatorial sen a participación do Parlamento.