common law*

common law*
[DER]

Locución que designa a fonte máis antiga do dereito común inglés. Trátase dunha síntese e selección de usos e costumes locais de Inglaterra e doutros países nórdicos xunto coa herdanza do dereito romano, unificadas a través das prácticas dos tribunais e que se basean na regra dos precedentes (case law), ata conformarse como a base do dereito nos países de fala inglesa. Malia as transformacións que sufriu pola aparición da equity law, é a fonte máis importante do dereito inglés e serviu de base para o sistema xurídico dos países de colonización británica.