"Oio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 61.
-
VER O DETALLE DO TERMO
alpendre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Albó.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Albó.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada na parroquia de Rechaba (Tordoia). Foi asaltada repetidas veces na procura de tesouros, polo que na actualidade está mal conservada; sen embargo, a partir do estudo do enxoval (pedras elaboradas segundo modelos de metal) descuberto na mámoa, sábese que pertence ao Megalitismo final.
-
-
Obxecto que se situa ao lado ou debaixo doutro para que este manteña o equilibrio.
-
Punto determinado onde un obxecto se afinca sobre unha superficie firme.
-
Auxilio que se presta a alguén.
-
Feito ou dito emitido en favor de alguén para a obtención dun obxectivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curso circunstancial de auga que discorre sobre un leito que si é permanente. A alimentación dos arroios a partir das precipitacións ou do desxeo, e non de mananciais freáticos, determina a característica efémera e estacional do seu caudal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Emisión espontánea dun electrón dun átomo como consecuencia da adquisición por parte do electrón dunha enerxía superior á enerxía de ionización, e por ser expelido do átomo sen emisión de radiación. Pode ser producida pola excitación de fotóns, electróns ou partículas pesadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca organizada a partir de 1890 cos fondos bibliográficos do convento da Mercé de Conxo e cos dos bieitos residentes en Poio antes da chegada dos mercedarios. A partir de 1920 incorporáronse os libros de Guillermo Vázquez Núñez e en 1957 uns 4.500 volumes traídos polo escritor Antonio Rey Soto. Achegaron tamén exemplares Xosé Fernández Gallego, varias casas da orde da Mercé (Herencia, Ferrol, Madrid, Salamanca, etc) e o pai Emilio Silva de Castro, con obras procedentes do Brasil. Nos seus fondos atópanse libros nobiliarios e xenealóxicos, algúns tomos referidos á orde da Mercé, obras de bibliografía, coleccións de xornais galegos do s XIX, algunhas edicións de libros raros, libros editados nas imprentas de Mondoñedo como a Descripción del Reino de Galicia, do licenciado Molina, e obras do s XVI entre as que destacan as Sinodiales de Ourense, publicadas por Vasco Díaz Tanco en 1544.
-
RIOS
Río afluente do Sil pola esquerda. Nace da confluencia, na parroquia de Casoio (concello de Carballeda de Valdeorras), de dous tributarios, o Valborrás e o Riodolas, que drenan respectivamente o macizo de Trevinca e a serra do Eixe. Cun curso de dirección SL-NO drena as parroquias de Lardeira, Riodolas, A Portela do Trigal, Casoio, Viladequinta, Robledo e Sobradelo (todas do concello de Carballeda de Valdeorras), onde queda represado polo encoro ao que lle dá nome, antes da súa desembocadura, logo dun percorrido duns 20 km. Verte ao Sil un caudal medio de 2,4 m3/s.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras baixo a advocación de san Xulián.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENCORO
Presa sobre o río Casoio, afluente do Sil, na parroquia de Sobradelo (concello de Carballeda de Valdeorras).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cabalo de trunfos’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore caducifolia de ata 7 m de altura, con cortiza lisa e cinsenta verdosa. Presenta follas ovadas que acadan os 25 cm de lonxitude e pecíolo oco; flores pendurantes amarelas, de 2,5 cm de longo, con 3 sépalos e 6 pétalos dos que os tres internos son de menor tamaño; os froitos, as chirimoias, acadan os 12 cm de lonxitude, teñen forma ovoide, cor verde e polpa branca, doce e xugosa, con numerosas sementes negras de 1 cm. É unha especie orixinaria da zona andina sudamericana que se cultiva en moitas zonas tropicais e subtropicais como as Islas Canarias e a costa mediterránea da Península Ibérica.
-
-
Traballo ou ocupación dunha persoa. Ex: Despois de estar dous anos no paro conseguiu un choio.
-
Asunto proveitoso e fácil de conseguir.
-
Traballo de pouca importancia. Ex: Non ten traballo fixo e sae adiante cos choios de fontaneiro que fai.
-
Dificultade que non permite que se acade algo que se quere conseguir. Ex: O choio era despistar o can para poder entrar na casa.
-
Asunto ou cuestión que parece pouco clara. Ex: Ten coidado porque o que che ofrecen paréceme un choio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fragmento de rocha dura, de dimensións variables, que debido á acción das augas e ao rodamento, acostuma ser lisa e arredondada. Localízase principalmente na beira de praias e ríos. O estudo da súa forma, as dimensións e a disposición permite coñecer a natureza dos axentes erosivos de épocas anteriores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Croio.
-
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias de Santa Comba de Orizón (concello de Castro de Rei) e A Meda (concello de Castroverde). O seu cumio acada os 631 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cánido de ata 97 cm de lonxitude corporal, ademais da cola que acada os 38 cm, e unha altura ata a cruz de ata 53 cm. A súa pelaxe é de cor parda cinsenta, coas orellas máis amarelentas, a gorxa e o ventre de cor branca e con manchas negras nas patas dianteiras. Depredadores oportunistas, poden cazar en grupo a grandes mamíferos como os cervos. Os machos son de maior tamaño ca as femias e a parella establécese de por vida. Anualmente crían unha camada, as máis das veces nun tobo abandonado, dunhas seis crías que se manteñen cos pais formando unha pequena manda, un ano antes de dispersarse para atopar unha área propia. Marcan o territorio cos ouriños, ladridos e ouveos. Habita en chairas, pradeiras e zonas áridas de Norteamérica onde, a partir do s XIX, debido á desaparición dos lobos americanos, se estendeu dende o N do continente ata Costa Rica e México.
-
VER O DETALLE DO TERMO
coio.