"Omsk" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Lingüista, filósofo e analista político norteamericano. Estudiou na Universidade de Pennsylvania baixo a dirección de Zellig S. Harris. Profesor no Massachusetts Institute of Technology, utilizou as técnicas matemáticas recentes (sobre todo a teoría das funcións recursivas) para compoñer un tratado extenso sobre The Logical Bases of Linguistic Theory (As bases lóxicas da teoría lingüística, 1955), no que demostra que unha lingua non só se pode describir en termos dos seus elementos patentes (os fenotipos de Whorf), senón que cómpre recorrer a elementos abstractos ou latentes (criptotipo), de onde se deriva a forma externa das frases mediante determinadas regras específicas de transformación. Esta idea xa se albiscaba na morfofonoloxía de Leonard Bloomfield ou na sintaxe de Otto Jespersen e de Charles Bally. A publicación do seu libro Syntactic Strutures (Estruturas sintácticas, 1957) e a gramática xenerativo-transformacional cambiou o panorama da lingüística...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Rusia (1.138.000 h [2000]). Situada na confluencia dos ríos Om’ e Irtyš, é a segunda cidade de Siberia, despois de Novosibirsk. Fundada en 1716 como fortaleza, é un núcleo industrial, con fábricas de maquinaria agrícola, refinaría de petróleo e industria lixeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (139.700 km2; 2.180.500 h [estim 1999]). A súa capital é Omsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ de Tomsk, situada en Siberia, Rusia (475.000 h [1997]). Cidade portuaria no río Tom’, ten construcións mecánicas, electrotecnia e industrias químicas, alimentarias e de madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (316.900 km2; 1.071.900 h [estim 1999]). A súa capital é Tomsk.

    VER O DETALLE DO TERMO