"Osián" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
REPUBLICAS
República proclamada polos milaneses á morte de Filippo Maria Visconti (1447) para se defender dos venecianos. O condottiero Francesco Sforza suprimiu a República e proclamouse Duque (1450), malia a oposición da poboación.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a santo Ambrosio.
-
Dise da cidade de Milán ou dos seus habitantes.
-
Relativo ou pertencente á liturxia da Igrexa de Milán; na súa formación tomou parte santo Ambrosio. O rito ambrosiano, que contén elementos semellantes á liturxia de Roma e á da Galia, é un dos poucos rituais católicos non romanos que subsisten.
-
-
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica e actriz francesa. Dirixiu principalmente comedias, Sac de noeuds (Saco de nós, 1985) con Isabelle Huppert, e algún filme fantástico como Ma vie est un enfer (A miña vida é un inferno, 1991), coa participación de Daniel Auteil. A película Gazon maudit (Herba maldita, 1994) foi un dos maiores éxitos do cine francés nese ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública con sede en Milán. Fundada no 1609 polo cardeal e bibliófilo italiano Federico Borromeo. Dispón de 850.000 volumes e de importantes coleccións de manuscritos gregos, latinos e orientais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compilación de constitucións imperiais romanas promulgada por Teodosio II e Valentiniano III ata o ano 438, e para a metade occidental do Imperio. Composto por dezaseis libros divididos en títulos, tiña unha finalidade docente, pero tamén se empregou como base lexislativa na interpretación do ius e da lex. Consérvase dun xeito fragmentario a través do Breviario de Alarico e da Lex Romana Visigothorum. Tentaba ser o mellor exemplo na tendencia oficial cara a unha estabilización do dereito romano, que culminou con Diocleciano. Foi derrogado a comezos do s VI polo Emperador Xustiniano.
-
-
Relativo ou pertencente a Laos, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Laos.
-
Lingua do grupo tai-kadai do phylum áustrico que se fala en Laos e Siam. De estrutura monosilábica, o laosiano consta de seis tons e rexistra, no seu léxico, unha grande influencia do chinés. OBS: Tamén se denomina lao.
-
Literatura desenvolvida polo pobo de Laos. Os textos máis antigos son inscricións sobre pedra, do s XIII. É dunha gran riqueza a produción relixiosa conservada polos monxes budistas nos seus pagodes. Posúe tamén, de orixe india, manuais técnicos, códigos de leis e costumes, tratados de política e escolmas de preceptos. Os singulares episodios do Rāmāyāna forman o chamado ciclo Phra bak Phra Lam; destaca, así mesmo, o Pañchatantra. A novela en prosa Usaparōt contén unha mestura de elementos budistas e indíxenas. En canto á literatura popular destaca Nam dok mai (Conto das flores), dun gran lirismo e simplicidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe escura. Para uns procede do gaélico oisin ‘cerviño’, se ben é posible que teña que ver coa exclamación hebrea hoxianna! (latinizada hosanna! ‘salve’), da que parece derivar o feminino romanés Ozana.
-
PERSOEIRO
Teólogo alemán. De nome Andreas Hoseman, foi profesor de hebreo en Nuremberg e predicou a reforma luterana (1521). Aconsellou o rigor cos anabaptistas e desde 1549 foi reitor e profesor de teoloxía de Kaliningrad. Defendeu a impanación na eucaristía e motivou unha forte controversia coa súa concepción da xustificación que, segundo el, consistía na unión real e intrínseca de Xesús Cristo coa alma, é dicir, na inhabitatio Christi. Encargouse da supervisión da obra de Copérnico De Revolutionibus Orbium Coelestium e engadiu un prólogo onde afirmaba que as teorías expostas non correspondían á realidade, senón que eran un simple modelo matemático para facilitar os cálculos relativos aos movementos dos corpos celestes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de xadrez xeorxiano. Foi campión da URSS en 1959 e 1961, e campión do mundo en 1963 e 1969. Practicaba un xogo moi defensivo.
VER O DETALLE DO TERMO