"Outes" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Pedro que dá nome ao concello de Outes, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Noia, situado ao O da Comunidade Autónoma de Galicia e ao SO da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é 42° 50’ 30” de latitude N e 8° 54’ 30” de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Mazaricos (comarca de Xallas) e Negreira (comarca da Barcala), ao L cos de Negreira, Brión (comarca de Santiago) e Noia (comarca de Noia), ao S co de Noia e a ría de Muros e Noia e ao O cos de Mazaricos e Muros (comarca de Muros). Abrangue unha superficie de 99,7 km 2 , na que acolle unha poboación de 7.681 h (2007), distribuída nas parroquias de Cando, Entíns, O Freixo de Sabardes, Matasueiro, Outes, Roo, San Cosme de Outeiro, Santo Ourente de Entíns, Tarás e Valadares. A súa capital está no lugar da Serra de Outes na parroquia de Outes, que está localizada a 110 km da cidade da Coruña. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Noia.
    Xeografía física
    O relevo está formado por unha transición entre as serras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Catedrático de Fundamentos da Análise Económica na Universidade de Vigo. Escribiu Desarrollo económico en la India y la República Popular China, Introdución a la teoría del crecimiento económico (1984) e La Crisis del sector naval y su repercusión en Galicia (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Outes. Foi construída a mediados do s XVIII baixo o padroado do marqués da Sierra. De estilo barroco, ten planta de cruz latina e está construída en cantaría. Sobre a porta da fachada atópase a fornela de san Pedro. Destaca a torre anexa, de estilo barroco e con tres corpos ornamentados con pilastras estriadas e balaustradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Outes situada na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Outes. Ten planta rectangular e presenta unha pedra de armas que alude aos Sotomayor, Mariño, Zúñiga e Lobera.

    VER O DETALLE DO TERMO