"Pantón" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo que inclúe todas as parroquias do concello de Pantón, agás as de Santalla de Toiriz, Santo Estevo do Mato, Toiriz e Tribás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castelo de Masid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro cisterciense situado en Santa María de Ferreira de Pantón (Pantón). Ten a súa orixe nun mosteiro dúplice beneditino do s X. En 1175, a condesa Fronilde de Lemos restaurouno como cenobio feminino e incorporouno á orde do Císter como dependencia do mosteiro de Meira. Pertenceu á Congregación de Castela e, trala exclaustración, a vida monacal reanudouse en 1858. Pertence á Congregación Cisterciense de San Bernaldo e é o único mosteiro feminino cisterciense en Galicia. Conserva a igrexa de nave única rectangular, cuberta cun casetonado de tradición mudéxar, e ábsida semicircular, cun tramo recto cuberto con bóveda de canón e un semicircular con bóveda de cuarto de esfera; o tramo semicircular reforzouse por nervios que converxen ao centro do arco que divide os dous tramos. O arco de acceso á nave é de medio punto e ten tres arquivoltas con molduras. Na ábsida consérvanse dous sepulcros baixo arcosolio que corresponde a Diego de Lemos e Lope Sánchez de Lemos; o conxunto conserva os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada en Ferreira de Pantón (Pantón). Vinculado aos Arias de Masid e aos condes de Lemos, construíuse no s XI. Foi derrubado durante as Guerras Irmandiñas (s XV). No s XIX restaurouno Xoaquín Arias Sanjurjo. A torre da homenaxe é de planta cadrada e ten dúas portas de arco semicircular cos tímpanos apoiados sobre ménsulas con decoración escultórica. Consérvase parte do muro de peche que o circundaba. O muro e a torre están coroados por ameas. Na fachada conserva unha ventá plateresca datada no s XVI. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Pantón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Terra de Lemos, situado na provincia de Lugo no centro-leste da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 30’ 40’’ de latitude N e 7° 37’ 30’’ de lonxitude O. Limita ao N co concello do Saviñao (comarca de Terra de Lemos), ao L cos de Monforte de Lemos e Sober (ambos os dous na comarca de Terra de Lemos), ao S cos de Sober e Nogueira de Ramuín (comarca de Ourense) e ao O cos de Carballedo e Chantada (ambos os dous na comarca de Chantada). Abrangue unha superficie de 143,2 km 2 , en que acolle unha poboación de 3.073 h (2007) distribuídos nas parroquias de Acedre, Atán, Cangas, Castillón, Deade, Eiré, Espasantes, Ferreira de Pantón, Frontón, Mañente, Moreda, Pantón, Pombeiro, Ribeiras de Miño, San Fiz de Cangas, San Vicente de Castillón, Santalla de Toiriz, Santo Estevo do Mato, Següín, Serode, Siós, Toiriz, Toldaos, Tribás, Vilamelle e Vilar de Ortelle. A súa capital está no lugar do Castro de Ferreira, na parroquia de Ferreira de Pantón, a 138 km de Santiago...

    VER O DETALLE DO TERMO