"Piave" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • RIOS

    Río do N de Italia, situado en Veneto, tributario do Mar Adriático (220 km de lonxitude). Nace aos pés do Peralba, nos Alpes Cárnicos, e desemboca no N da lagoa de Venecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Ourense a partir de 1901. Non cesou antes de maio de 1905. Aparecido baixo os lemas “Piave se compra pero no se vende” e “Agente ejecutivo y cesante de consumos aspirante a paseante en las Cortes”, tivo carácter satírico-cultural. Dirixido por Arturo Fernández de Magdalena, editouse nos obradoiros de La Popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de combates sostidos entre as tropas italianas e austro-alemás na beira do río Piave (1917-1918), durante a Primeira Guerra Mundial. Despois da derrota de Caporetto, os italianos formaron unha vasta liña defensiva ao longo do río e lanzaron un contraataque, con éxito (outubro de 1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Libretista italiano. Acadou unha certa fama como libretista de moitas óperas de Verdi, como Ernani, La forza del destino, Rigoletto ou La Traviata, dalgunhas de Mercadante e de Pacini, e dos Rici.

    VER O DETALLE DO TERMO