Piave

Piave

Semanario publicado en Ourense a partir de 1901. Non cesou antes de maio de 1905. Aparecido baixo os lemas “Piave se compra pero no se vende” e “Agente ejecutivo y cesante de consumos aspirante a paseante en las Cortes”, tivo carácter satírico-cultural. Dirixido por Arturo Fernández de Magdalena, editouse nos obradoiros de La Popular.