"Pinus" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PERSOEIRO
Nome co que se coñece a Franz Ulrich Theodosius Hoch, físico alemán. Ensinou Astronomía en Berlín e San Petersburgo, onde foi membro da Academia de Ciencias. Considérase o inventor do condensador eléctrico e do electróforo. A súa obra principal foi o Tentamen theoriae electicitatis et magnetismi (1759).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores da familia das betuláceas á que pertence o carpe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, da familia das fabáceas, que presenta talo piloso, follas dixitadas e flores bilabiadas dispostas en acios terminais. En Galicia pódese atopar as especies L. luteus e L. angustifolius.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das pináceas, de follas aciculares, reunidas en grupos de 2 a 5, sobre un branquiblasto. Son monoicos, con flores estrobiliformes, en que as femininas se lignifican ao madurar e constitúen conos ou estróbilos psedocárpicos (as piñas). Os conos do piñeiro teñen as escamas tectrices atrofiadas e compóñense só de escamas seminíferas lignificadas e rematadas nunha apófise a miúdo prominente, cada unha delas con dúas sementes (piñóns). O pole de piñeiro, dispersado polo vento e producido abundantemente, ten os grans con dúas vesículas aeríferas. O xénero comprende máis de 100 especies, distribuídas polo hemisferio norte. En Galicia están presentes diversas especies, das que moitas delas son árbores ornamentais.
-
PERSOEIRO
Rei hitita (1515? - 1500 a C). No Edito de Telepinuš revivificou o pankuš (tribunal supremo onde eran dirimidas as causas entre nobreza e monarquía) e estableceu unha nova lei de sucesión ao trono.
VER O DETALLE DO TERMO