Pinus
Pinus
[PLANTA]
Xénero de árbores, da familia das pináceas, de follas aciculares, reunidas en grupos de 2 a 5, sobre un branquiblasto. Son monoicos, con flores estrobiliformes, en que as femininas se lignifican ao madurar e constitúen conos ou estróbilos psedocárpicos (as piñas). Os conos do piñeiro teñen as escamas tectrices atrofiadas e compóñense só de escamas seminíferas lignificadas e rematadas nunha apófise a miúdo prominente, cada unha delas con dúas sementes (piñóns). O pole de piñeiro, dispersado polo vento e producido abundantemente, ten os grans con dúas vesículas aeríferas. O xénero comprende máis de 100 especies, distribuídas polo hemisferio norte. En Galicia están presentes diversas especies, das que moitas delas son árbores ornamentais.