"Pireo" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
-
Relativo ou pertencente ao Ceo.
-
Aplícase ao ceo en que, segundo os antigos, se movían os astros. No pensamento cristián medieval e renacentista, pasou a representar a esfera celestial máis elevada, morada de deuses, anxos e benaventurados. OBS: Como substantivo escríbese normalmente en maiúscula.
-
-
CIDADES
Cidade do nomós de Ática, situada nas ribeiras do golfo Sarónico (182.671 h [1991]). Centro portuario é, en realidade, o porto de Atenas, cidade coa que forma actualmente un só núcleo homoxéneo de poboación. Ten industrias azucreiras, destilarías, manufactura de tabaco e estaleiros de construción naval. Na Antigüidade acadou importancia cara a 470 a C, cando Temístocles a rodeou con grandes murallas que a uniron con Atenas. Converteuse en bastión da democracia e foi duramente castigada polos espartanos ao final da Guerra do Peloponeso (404 a C). Máis tarde, gozou de prosperidade ata o 86 a C, ano en que foi destruída por Sula.
VER O DETALLE DO TERMO