"Poitiers" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Emperatriz da Alemaña, casada co Emperador Enrique III (1043). Asumiu a rexencia do Imperio durante a minoría de idade do seu fillo Enrique IV (1056-1062), sendo deposta pola nobreza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta latino e haxiógrafo. Intercedeu por el san Martiño de Tours cando estaba a piques de morrer; en recompensa, peregrinou á súa tumba. En 597 foi elixido bispo de Poitiers, e morreu pouco despois. A súa festividade celébrase o 21 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Poitiers (350?-367?). Defendeu o catolicismo fronte aos arianos nos concilios de Nicea (325) e Seleucia (359). Desterrado polo sínodo ariano de Besiers a Frixia (356-360), trala súa volta á Galia convocou o Concilio de París contra o arianismo. Escritor polemista, eséxeta e poeta, redactou os tratados De trinitate e De mysteriis. A Lenda dourada atribúelle moitos milagres. Na iconografía viste de pontifical, con casula ancha e sagrado palio, mitra e báculo; e leva como atributos unha pluma e un libro ou aparece xunto a un neno ou cunha serpe enrolada na parte inferior dun báculo. A súa festividade celébrase o 13 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María de Antioquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Vienne, en Poitou-Charentes, Francia, situada sobre un promontorio (83.448 h [1999]). Ten importantes industrias metalúrxicas, eléctricas, de imprenta e de industrialización do coiro. Foi ocupada primeiro polos celtas pitavos e despois polos romanos. Durante a Guerra dos Cen Anos e a causa da Batalla de Poitiers (1356), Francia entregoulla a Inglaterra polo Tratado de Brétigny (1360). Os franceses reconquistárona en 1372, e baixo o Rei Carlos VII (1422-1461) incorporárona a Francia. Do seu patrimonio cultural destacan, da época paleocristiá, o baptisterio de Saint-Jean (s IV) e o hipoxeo merovinxio do Plateau des Dunes (ss VII-VIII). Foi un importante centro da arte románica, con igrexas como Saint-Hilaire-le-Grand (ss XI-XII) e Notre-Dame-la-Grande (ss XI-XII). Da arte gótica destaca a catedral de Saint-Pierre (ss XII-XIII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla que tivo lugar en outubro de 732, preto da cidade do mesmo nome, entre as forzas árabes do emir de Al-Andalus, ‘Abd al-Ra ḥ mān ibn ‘Abd Allāh al-Aāfiqī, e as francas de Carlos Martel. Os musulmáns foron derrotados e tiveron que deter a súa expansión cara ao N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combate entre as tropas de Xoán II de Francia e as do príncipe inglés Eduardo o Negro, que tivo lugar en setembro de 1356, preto da cidade homónima, durante a Guerra dos Cen Anos. Os ingleses venceron e capturaron a Xoán II e a seu fillo Filipe o Atrevido.

    VER O DETALLE DO TERMO