"Pontecesures" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pontecesures baixo a advocación de san Xulián, onde se localiza a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Caldas, situado na provincia de Pontevedra ao O da Comunidade Autónoma de Galicia, ao N da provincia de Pontevedra e a 42° 43’ de latitude N e 8° 39’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Padrón (comarca do Sar), ao L co concello da Estrada (comarca de Tabeirós-Terra de Montes), e ao S e ao O co concello de Valga (comarca de Caldas). Abrangue unha superficie de 6,7 km 2 , en que acolle unha poboación de 3.139 h (2007), distribuída nunha soa parroquia, Pontecesures. A capital do concello é o lugar de Infesta, localizado a 35 km ao N da cidade de Pontevedra e a 24 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Caldas de Reis.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Trátase dun concello de pouca superficie e que morfoloxicamente presenta dúas unidades diferenciadas. A metade occidental é practicamente chá, cunha altitude media moi baixa, ao redor do río Ulla, preto da súa desembocadura na ría de Arousa,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Ulla en Pontecesures. A súa orixe podería datarse en época romana, pero a estrutura actual data de 1911, cando se reformou a estrada. Está construída en cantaría, cun total de trece vans, formados por arcos de medio punto, de época medieval. Localízase na estrada de Santiago de Compostela a Pontevedra.