Pontecesures, ponte de
Pontecesures, ponte de
Construción situada sobre o río Ulla en Pontecesures. A súa orixe podería datarse en época romana, pero a estrutura actual data de 1911, cando se reformou a estrada. Está construída en cantaría, cun total de trece vans, formados por arcos de medio punto, de época medieval. Localízase na estrada de Santiago de Compostela a Pontevedra.