Pontecorvo, Gillo
Pontecorvo, Gillo
Realizador cinematográfico italiano, irmán de Bruno e Guido Pontecorvo. Dirixiu La grande strada azzurra (1957), Kapó (1959) e La battaglia d’Algeri (1966), filme gañador do Festival de Venecia. Grazas a este éxito puido rodar Queimada (1969), en que critica o colonialismo, e Ogro (1979), sobre o atentado contra o almirante Carrero Blanco. Na liña de testemuña política dirixiu The Devil’s Bishop (1987). Outros filmes destacados son Nostalgia di protezione (1997) e Firenze, il nostro domani (2003).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pisa -
Falecemento
Lugar : Roma