"Pontedeva" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Breixo que dá nome ao concello de Pontedeva, onde se localiza a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Terra de Celanova, situado ao S da Comunidade Autónoma de Galicia e no SO da provincia de Ourense. A súa posición xeográfica é 42° 09’ de latitude N e 8° 07’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Cortegada (comarca do Ribeiro), ao L co concello de Gomesende (comarca de Terra de Celanova), ao S co de Padrenda (comarca de Terra de Celanova) e ao O co concello de Padrenda e Crecente (comarca da Paradanta). Abrangue unha superficie de 9,9 km2, en que acolle unha poboación de 723 h (2007), distribuída nas parroquias de Pontedeva e Trado. A capital municipal está no lugar de Aldea de Deva, na parroquia de Pontedeva, localizada a 60 km da cidade de Ourense e a 146 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Ribadavia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Pontedeva sitúase no bordo do río Deva, unha conca hidrográfica que deu lugar á formación dun amplo val que ocupa a maior parte do concello, formado por... -
IGREXAS
Igrexa situada en Pontedeva. Datada no s XVIII, ten unha nave de tres tramos separados por arcos de medio punto e capela maior. A fachada é barroca e remata cunha espadana.
VER O DETALLE DO TERMO