"Poulo" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico grego. Estudou literatura e cine en París. Ao seu regreso a Grecia, foi crítico cinematográfico e emprendeu unha filmografía politicamente comprometida e dotada dun particular estilo visual, ademais das propias pretensións didácticas. Precisamente as súas propias contradicións, xunto coa forma que adoptan as súas películas, crean confusión entre o gran público. Dos seus filmes destacan Anaparastassi (Reconstrución, 1970), Topio stin omihli (Paisaxe na néboa, 1989), premiado en Venecia, Le pas suspendu de la cygogne (O paso detido da cigoña, 1991) e To Vlemma Tou Odyssea (Un ollar para cada día, 1995).
     

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Coñecida como Maria Callas, foi discípula de Elvira de Hidalgo en Atenas. En 1947 comezou en Verona a súa carreira internacional interpretando La Gioconda, de Ponchielli. A súa voz, dunha grande extensión, xunto coa expresividade de que era capaz e o seu talento como actriz dramática, convertérona na diva indiscutible da ópera mundial durante a década de 1950. Retirada no ano 1965, por razóns persoais, volveu facer recitais con G. Di Stefano durante os anos 1973-1974, despois dos que se retirou definitivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra, pianista e compositor. Discípulo de Gilson e Busoni, dirixiu a orquestra de Minneapolis (1936-1949) e a Filharmónica de Nova York (1950-1958). Compuxo a ópera Soeur Béatrice (1920), música de cámara, dúas traxedias de Eurípides e un concerto (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Jean Moréas, escribiu en francés. Os seus primeiros libros mostran unhas claras resonancias de Baudelaire e Verlaine, pero máis tarde distanciouse do simbolismo, do que foi voceiro, para atopar a súa propia voz poética. Da súa produción destacan Les Syrtes (1884), Les Cantilènes (1886), Le Pélerin passionné (1891-1893) e Iphigénie en Tauride (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar grego. Acadou o grao de coronel (1960) e actuou nos servizos de información militar ata 1967, ano en que, despois do Golpe dos Coroneis, se apoderou do goberno. Gobernou ditatorialmente, favorecendo a corrupción e exercendo a represión de intelectuais, políticos e obreiros. Proclamou unha república e aboliu a monarquía (1973), e declarouse o seu presidente, pero foi derrocado poucos días despois. En 1975 foi xulgado e condenado a morte, pena que lle foi conmutada pola cadea perpetua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Gomesende baixo a advocación de san Pedro, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ordes baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Seadur (Larouco). O seu cumio acada os 682 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como El Greco, formouse nas ríxidas formas da arte bizantina. En Venecia (1560) parece ser que traballou no taller de Tiziano e puido coñecer a pintura de Tintoretto, Bassano e Schiavone, como amosan o tríptico da Galleria Estense de Modena, o Retrato de G. B. Porta, Expulsión de los mercaderes del templo e Milagro del cielo. En 1570 chegou a Roma, onde asimilou de Miguelanxo a concepción grandiosa do corpo humano e a tensión dramática: Retrato de Giulio Clovio, La curación del ciego e unha nova Expulsión de los mercaderes del templo. Ao redor de 1575-1576 chegou á Península Ibérica e estableceuse en Toledo, onde pintou o retablo maior de Santo Domingo el Antiguo (1577) e a Asunción, onde coa distorsión dos corpos dos personaxes tentou expresar o seu espiritualismo. O concepto do mundo exaltado polo páthos relixioso obsérvase particularmente en El expolio, da sancristía da catedral...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Foi un dos fundadores do teatro moderno grego e escribiu novelas sociais, como Plúsii ke ftokhí (Ricos e pobres, 1919) ou Tímii ke àtimi (Honestos e deshonestos, 1922).

    VER O DETALLE DO TERMO