Angelopoulos, Theo
Angelopoulos, Theo
Realizador cinematográfico grego. Estudou literatura e cine en París. Ao seu regreso a Grecia, foi crítico cinematográfico e emprendeu unha filmografía politicamente comprometida e dotada dun particular estilo visual, ademais das propias pretensións didácticas. Precisamente as súas propias contradicións, xunto coa forma que adoptan as súas películas, crean confusión entre o gran público. Dos seus filmes destacan Anaparastassi (Reconstrución, 1970), Topio stin omihli (Paisaxe na néboa, 1989), premiado en Venecia, Le pas suspendu de la cygogne (O paso detido da cigoña, 1991) e To Vlemma Tou Odyssea (Un ollar para cada día, 1995).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Atenas -
Falecemento
Lugar : Atenas