"Pulpí" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado no val do Almanzora e delimitado ao NL por Murcia (6.908 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e a minaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da polpa dentaria, como complicación da caries.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plataforma que hai nas igrexas para predicar o eclesiástico desde ela. Consiste nunha especie de balcón, provisto frecuentemente dun facistol, colocado a certa altura sobre os fieis, e accesible por unha escaleira. Derivada do ambón, adoita estar acaroada á parede ou sostida por un pedestal. Pode ser de pedra ou de madeira, e converteuse nun elemento de gran riqueza artística.

    2. Proscenio e muro vertical que o eleva sobre a orquestra no teatro clásico.

    VER O DETALLE DO TERMO