púlpito

púlpito

(

  1. s m [RELIX/ARTE]

    Plataforma que hai nas igrexas para predicar o eclesiástico desde ela. Consiste nunha especie de balcón, provisto frecuentemente dun facistol, colocado a certa altura sobre os fieis, e accesible por unha escaleira. Derivada do ambón, adoita estar acaroada á parede ou sostida por un pedestal. Pode ser de pedra ou de madeira, e converteuse nun elemento de gran riqueza artística.

  2. s m [ARQUIT]

    Proscenio e muro vertical que o eleva sobre a orquestra no teatro clásico.

Palabras veciñas

Pulpeiro | Pulpí | pulpite | púlpito | pulque* | Pulqueria, santa | pulquérrimo -ma