"Rómulo" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PERSOEIRO

    Político e xornalista venezolano. Exiliado entre 1928 e 1936 e entre 1938 e 1941 polas súas actividades contra a ditadura, foi un dos fundadores en 1941 do partido Acción Democrática e presidiu en 1945 a xunta revolucionaria que derrocou a Isaías Medina Angarita. Tralo golpe de estado de Pérez Jiménez en 1948 houbo de exiliarse novamente. Logo de restablecerse a democracia no ano 1958, foi elixido Presidente deica 1964. Neste período levou a cabo reformas moderadas e perseguiu á extrema esquerda. Fundou os xornais Orve (1936) e El País (1943), e publicou diversas obras de carácter político como Una república en venta (1937) e Venezuela, política y petróleo (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, xornalista, pedagogo e político. Nas súas novelas reflicte a vida dos llanos. Da súa produción destaca El último Solar (1920), publicada de novo en 1930 co título de Reinaldo Solar, La trepadora (1925), Doña Bárbara (1929), Cantaclaro (1934), Canaima (1935), Pobre negro (1937), El forastero (1952) e La doncella (1957). Foi ministro de Educación (1936) e presidente da República (1948), cargo que ocupou poucos meses ao ser derrocado por un golpe militar, tralo que se exiliou ata 1958. Doutor honoris causa pola Universidad de Costa Rica, pola Universidad Central de Venezuela e pola Universidad de Los Andes, foi membro da Academia Nacional de la Lengua de Venezuela e recibiu en 1958 o Premio Nacional de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Un dos fundadores míticos de Roma e heroe epónimo da cidade. Segundo a lenda, era fillo de Marte e de Rea Silvia. Lanzado ao Tíber ao nacer, xunto co seu irmán xemelgo Remo, ambos os dous foron atopados por unha loba, que os alimentou ata que foron recollidos polo pastor real Fáustulo, que os criou. Ambos irmáns derrocaron ao usurpador e fundaron a cidade de Roma. Instalado no Palatino, correspondeulle o primeiro reinado e matou ao seu irmán Remo, instalado no Aventino, ao non respeitar as estremas da cidade. Rexeitado polos seus veciños, os sabinos, organizou o rapto das súas mulleres, as sabinas, feito que motivou un enfrontamento, que rematou coa paz e que lle permitiu reinar ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro emperador romano de Occidente (475-476), fillo do patricio Orestes. O seu pai fíxoo proclamar emperador despois de depoñer a Flavio Xulio Nepote, aínda que reservou para el o exercicio do poder. Dada a súa xuventude chamóuselle despectivamente Augústulo, en lugar de Augusto. Sucedeuno Odoacro, que mandou asasinar a Orestes e provocou o seu exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio internacional de novela creado en 1964 polo presidente da República de Venezuela, Raúl Leoni, coa finalidade de perpetuar a obra do escritor Rómulo Gallegos (1884-1969) e fomentar o cultivo da literatura en castelán. Organizado polo CELARG (Centro de Estudios Latinoamericanos Rómulo Gallegos), a primeira entrega tivo lugar en 1967. Está considerado como un dos máis destacados galardóns literarios en América e entre os seus gañadores figuran M. Vargas Llosa (1967), G. García Márquez (1972), Carlos Fuentes (1977), Javier Marías (1995) e Fernando Vallejo (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do latín Romulo, de orixe descoñecida, e que corresponde co nome do lendario fundador da cidade de Roma (s VIII a C) e co seu derradeiro emperador, Rómulo Augústulo.

    VER O DETALLE DO TERMO