Betancourt y Bello, Rómulo
Betancourt y Bello, Rómulo
Político e xornalista venezolano. Exiliado entre 1928 e 1936 e entre 1938 e 1941 polas súas actividades contra a ditadura, foi un dos fundadores en 1941 do partido Acción Democrática e presidiu en 1945 a xunta revolucionaria que derrocou a Isaías Medina Angarita. Tralo golpe de estado de Pérez Jiménez en 1948 houbo de exiliarse novamente. Logo de restablecerse a democracia no ano 1958, foi elixido Presidente deica 1964. Neste período levou a cabo reformas moderadas e perseguiu á extrema esquerda. Fundou os xornais Orve (1936) e El País (1943), e publicou diversas obras de carácter político como Una república en venta (1937) e Venezuela, política y petróleo (1956).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Guatire, Miranda -
Deceso
Lugar : Nova York