"Rājasthān" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Estado de India, situado ao NO do país (342.239 km2; 56.473.122 h [2001]). A súa capital é Jaipur. Está atravesado de NL a SO polos montes Arāvalli Parvata, que separan o deserto de Thar das altas estepas do L, drenadas polos ríos Mahi e Chambal. A súa parte occidental, moi árida, está practicamente deshabitada, mentres que a oriental é unha rexión de chuvias suficientes e nela concéntrase a poboación e a maior parte dos cultivos. O resto do país dedícase á cría de ovellas, cabras e camelos, e a cultivos de millo miúdo e garavanzos. Conta con abundantes recursos mineiros, producindo preto do 80% do xeso do país. Constituído inicialmente (1949) por dezanove dos estados de Rājputānā, foille anexionado en 1956 o de Ajmer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao estado de Rājasthān e á súa lingua.

    2. Natural ou habitante do estado de Rājasthān.

    3. Lingua indoiraniana occidental falada no Rājasthān e na banda occidental de Madhya Pradesh. Os seus dialectos principais son o jaipuri, o marwari, o mewati e o malvi. A súa literatura trata epicamente os temas do amor, o valor e o menosprezo á morte dos rajputs. Entre os seus autores principais destacan Kallola (s XV), Aśananda (s XVI) e Suryamal Miśran (s XIX). Co tempo cantáronse nel os poemas de Mirabai, famosa devota de Kriṣhna.

    VER O DETALLE DO TERMO