Rājasthān
Rājasthān
Estado de India, situado ao NO do país (342.239 km2; 56.473.122 h [2001]). A súa capital é Jaipur. Está atravesado de NL a SO polos montes Arāvalli Parvata, que separan o deserto de Thar das altas estepas do L, drenadas polos ríos Mahi e Chambal. A súa parte occidental, moi árida, está practicamente deshabitada, mentres que a oriental é unha rexión de chuvias suficientes e nela concéntrase a poboación e a maior parte dos cultivos. O resto do país dedícase á cría de ovellas, cabras e camelos, e a cultivos de millo miúdo e garavanzos. Conta con abundantes recursos mineiros, producindo preto do 80% do xeso do país. Constituído inicialmente (1949) por dezanove dos estados de Rājputānā, foille anexionado en 1956 o de Ajmer.