"RENFE" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
FILOSOFOS
Filósofo austríaco. Licenciouse na Universidade de Viena (1888), e foi discípulo de Franz Brentano e Alexius Meinong. Formulou a teoría da Gestalt, coa que afirmou que a mente pode percibir o todo por riba dos seus compoñentes. Tamén se interesou pola psicoloxía, con posicións achegadas á Gestalt, e pola ética, disciplina na que intentou establecer unha gradación de valores. Cómpre subliñar as súas obras Über Gestalt Qualitäten (Das calidades da Gestalt, 1891), System der Wertheorie (Sistema de teoría dos valores, 1897) e Grundbegriffe der Ethik (Conceptos fundamentais de ética, 1907).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo estatal español creado en 1941 pola Lei de Bases de Ordenación Ferroviaria e do Transporte por Estrada. A súa creación significou a estatalización de todas as vías férreas do ancho especial adoptado por España e respondeu á necesidade de reconstruír as liñas destruídas pola Guerra Civil Española (1936-1939). Absorbeu as compañías dos principais ferrocarrís: Caminos de Hierro del Norte de España, Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y a Alicante e a Compañía Nacional de los Ferrocarriles del Oeste. Xestionouse como unha empresa privada, pero o seu presidente é nomeado polo ministro de Transporte. Coa entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2005 da nova lei do sector ferroviario desapareceu o monopolio público no sector ferroviario e comezaron a súa andaina Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), encargado da xestión da rede e dos activos, e a RENFE Operadora, integrada polos sectores de transportes de viaxeiros e mercadorías: Ave, Grandes Líneas, Regionales,...