"RNE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

  • PERSOEIRO

    Médico inglés. Como cirurxián foi o primeiro en ligar os aneurismas da arteria ilíaca externa (1796).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome sueco do lääni finlandés de Turku e Pori.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar algo nun recuncho.

    2. Colocarse nun recuncho para protexerse de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Animal que ten os cornos brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A máis setentrional das Illas Normandas, no Canal da Mancha, separada da península de Cotentin polo Race de Alderney (8 km2; 1.700 h [1996]). A capital é Saint -Anne. Historicamente está en disputa entre franceses e británicos; o nome francés é Aurigny. Ten explotacións de gando lanar e o turismo está moi desenvolto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro sueco. Emigrou aos EE UU en 1901. Inventou alternadores de alta frecuencia para as comunicacións transoceánicas e foi (1930) un dos pioneiros da televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte dos Alpes occidentais entre o Rin e o Aare. Atópanse alí o Finsteraarhorn (4.274 m de alt), o Aletschhorn (4.195 m), a Jungfrau (4.158 m) e o glaciar de Aletsch, o máis longo dos Alpes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da rexión de Champaña-Ardenas, Francia (6.211 km2; 199.944 h [estim 1995]). A súa capital é Chaumont.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e xornalista. Realizou estudios na Escola de Altos Estudios Mercantís da Coruña. É unha das figuras máis destacadas da Xeración das Festas Minervais e autor dunha extensa obra poética cun pouso inequivocamente existencial e certo Socialrealismo, recoñecida e estudada por Xesús Alonso Montero, Basilio Losada Castro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Tarrío Varela, entre outros. Fundador nos anos cincuenta do grupo poético Amanecer. Ten colaborado en diversos libros colectivos e revistas, e participado en numerosos recitais poéticos. Comezou a súa andaina literaria no 1982 co libro Memoria dun silencio, séguenlle os libros Fértil corpo do soño (1985); Restauración dos días (1986); As voces consagradas (1992); As doazóns do incendio (1993); Habitante único (1997); Luz de facer memoria (Premio Miguel González Garcés, 1998). En castelán publicou Desnudo en barro (1983) e Cenizas en el salmo (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Membro da Asociación Amigos de los Pazos dende 1979 e vicepresidente da mesma. É responsable, xunto co Presidente da Asociación Juan-Manuel López Chaves Meléndez, do Inventario de Pazos y Torres da provincia de Pontevedra, unha colección de libros que recollen, catalogados por bisbarras, a maior parte dos pazos, torres, pousadas, quintas e casas fidalgas. É autor do opúsculo Los pazos agrícolas (1995), pequeno introito dunha obra máis completa na que vén traballando co tamén membro da asociación Carlos del Río Bouzas. Investigador no campo da heráldica e da xeneoloxía, sobresaen os seus traballos sobre o cóengo da S.I.C. de Santiago Ánxo María Amor Ruibal e sobre a ascendencia galega de Simón Bolívar o Libertador. Conferenciante no campo do Patrimonio Artístico e Popular de Galicia e difusor do Camiño Portugués do Norte, así como ilustrador de distintas publicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo escocés. Estudiou a dinámica das fallas, as intrusións ígneas, a alineación dos xistos e o vulcanismo; e deu unha primeira explicación das liñas de Becke, importante método da óptica mineral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operador cinematográfico dinamarqués do primeiro terzo do s XX, un dos máis recoñecidos polo seu labor no período do cine mudo. Foi o técnico predilecto de Augusto Blom (Atlantis, 1932) e colaborou con Benjamin Christensen en Hëksan (A bruxería a través do tempo, 1922)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra suízo. Dirixiu os concertos Kursaal de Montreux (1910-1914), os de Xenebra (1915) e diversas sesións dos ballets rusos de Diaghilev (1915-1923). Fundou e dirixiu a orquestra sinfónica da Suisse Romande (1918-1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Teórico e ideólogo da Revolución dos Caraveis (1974) que se alzou contra a ditadura militar na procura dun réxime democrático en Portugal. Evitou unha guerra civil durante o denominado “verán quente” (1975) ao redactar e promover o Documento dos Nove, manifesto que defendía o réxime democrático e o programa do Movimento das Forças Armadas (MFA), máis coñecido co nome de Movimento dos Capitaẽs Avril. Foi membro do Consello da Revolución, ministro sen carteira nos primeiros gobernos revolucionarios e titular de Asuntos Exteriores (1975-1976), en sucesión de Mário Soares, e subdirector xeral da Unesco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo molecular suízo. En 1978 compartiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina con D. Nathans e H. D. Smith. A súa descuberta do sistema de enzimas de restrición na bacteria Escherichia coli fixo posible o desenvolvemento da enxeñería xenética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor inglés. É coñecido sobre todo pola melodía de Rule, Britannia! (Domina, Britania!), canto final da súa ópera Alfred (1740).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidade Autónoma de La Rioja, drenado polo Cidacos (12.715 h [1996]). Castelo e recinto amurallado no que destaca a porta do Cristo. Igrexas de San Cosme e San Damián, Santa Eulalia e Santo Tomás. Hospital e oratorio de Santa Madalena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia homónima do municipio de Rodeiro de 739 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do Ulla que drena unha conca de 533 km2 na comarca do Deza. Nace a 800 m de altitude da confluencia dos regos de Porto Xubín, da Toca e Ourín, na parroquia de Arnego do concello de Rodeiro, nas ladeiras da Serra do Faro. Aproveita no seu curso as liñas de debilidade tectónicas e litolóxicas, o corredor entre a Serra do Faro ao L e a Pena de Francia ao O, e os contactos entre materiais xistosos e graníticos. Deste xeito adopta unha dirección S-NNO. Recibe augas do Río Pequeno, do Rodeiro e do Az (Rodeiro) e do Rego das Abellas no concello de Lalín. Desemboca no encoro de Portodemouros na parroquia de Brocos (concello de Agolada), logo dun percorrido de 56,5 km, entregando un caudal de 9,4 m3/s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO