Álvarez Torneiro, Manuel
Poeta e xornalista. Realizou estudios na Escola de Altos Estudios Mercantís da Coruña. É unha das figuras máis destacadas da Xeración das Festas Minervais e autor dunha extensa obra poética cun pouso inequivocamente existencial e certo Socialrealismo, recoñecida e estudada por Xesús Alonso Montero, Basilio Losada Castro, Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Tarrío Varela, entre outros. Fundador nos anos cincuenta do grupo poético Amanecer. Ten colaborado en diversos libros colectivos e revistas, e participado en numerosos recitais poéticos. Comezou a súa andaina literaria no 1982 co libro Memoria dun silencio, séguenlle os libros Fértil corpo do soño (1985); Restauración dos días (1986); As voces consagradas (1992); As doazóns do incendio (1993); Habitante único (1997); Luz de facer memoria (Premio Miguel González Garcés, 1998). En castelán publicou Desnudo en barro (1983) e Cenizas en el salmo (1985).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña