"Resende" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Cancioneiro Geral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e historiógrafo portugués. Na corte de Xoán I destacou polo seu labor político e artístico. Realizou a compilación e elaborou o prefacio do Cancioneiro Geral, que reúne a poesía producida en Portugal desde mediados do s XV ata 1516. Entre outras obras escribiu tamén a Miscelânea, longa composición rimada que recolle, a xeito de memorial, os eventos máis relevantes desta época, as “Trovas á morte de D. Inês de Castro” e o panexírico “Voda e feitos de D. João II”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e escritor portugués. Dedicouse a estudar os aspectos sociais, histórico e culturais dos trobadores. Foi membro da Direcção da Comissão Científica do Grupo de História e da Comissão Coordenadora do Conselho Científico (1995-1996) e director do Instituto de História e Teoria das Ideias (desde 1996). Das súas publicacións destacan: “Poder e sociedade: a legislação pombalina e a antiga sociedade portuguesa” (1982), “A mulher e as origens da cultura trovadoresca no ocidente peninsular” (1985) e “A caminho da Galiza: sobre as primeiras composições em galego-português” (1993). É tamén autor dos estudos Do Cancioneiro da Ajuda ao “Libro das Cantigas” do Conde D. Pedro (1988), A Galiza e a cultura trovadoresca peninsular (1989) e Depois do espectáculo trovadoresco: ; a estrutura dos cancioneiros peninsulares e as recolhas dos séculos XIII e XIV (1992), e dos libros Trobadores e xograres. Contexto histórico (1995) e O trovador galego-português e o seu mundo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe portuguesa que se asentou en Galicia e que trae por armas, en campo de prata, un caldeiro de sable na punta, con tres flores de lis de sinople, colocadas en faixa no xefe; bordo de goles, cargado de sete aspas de ouro, colocadas tres en xefe e dúas en cada flanco. Outro trae, escudo medio partido e cortado: 1, de prata, cun león da súa cor; 2, de sinople, con tres bandas de ouro; e 3, de ouro, con cinco roeis de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e cronista portugués. Ao servizo dos reis D. João II, do que foi secretario privado, D. Manuel, a quen acompañou a Castela, e de D. João III, foi un dos personaxes máis notables do Renacemento no seu país e destacou nos campos da literatura, da arquitectura, da música e da historia. Recompilou o Cancioneiro Geral (1516), a súa achega máis importante, unha escolma que recolle a obra de 286 poetas da segunda metade do s XV e principios do s XVI. Tamén escribiu unha Miscelânea (1554), versificada, en que recolle algúns dos acontecementos históricos máis importantes da época; as Trovas à morte de D. Inês de Castro, en que eloxia por primeira vez a figura histórica da nobre galega; Vida e Feitos de D. João II, un panexírico do monarca; e outros documentos máis breves como a Entrada del-Rei D. Manuel em Castela, Ida da Infanta D. Beatriz para Saboia e Tresladação do Corpo del-Rei D. João II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. Pertencente ás familias dos Pimentel e Resende, participou na vida da corte dos reis don Denís e Afonso IV. Polos seus casamentos tamén estivo relacionado con destacadas familias da época, os Moedeiros de Braga e os Azevedo. Segundo diversas informacións foi vasalo de Afonso Sanchez, fillo bastardo de don Denís, e formou parte das tropas deste monarca na guerra civil de 1319-1324. Da súa autoría só se conserva parte da tenzón “Vaasco Martiiz, pois vos traballades”, mantida co mesmo Afonso Sanchez.

    VER O DETALLE DO TERMO