Bunium

Bunium
[PLANTA]

Xénero de herbáceas da familia das apiáceas, que se caracteriza por ter un talo florífero pouco ramificado que nace dun tubérculo, follas basais co pecíolo en parte subterráneo e limbo dividido, pétalos de cor branca e froito acostelado e sen alas nin aguillóns. As especies máis características da Península Ibérica son: B.alpinum, propia da montaña, e B. pachypodum, propia de cultivos e baldíos.