búnker

búnker

(

  1. s m

    Recinto fortificado pequeno.

    Sinónimos: fortín.
  2. s m [BÉL]

    Acubillo militar escavado parcial ou totalmente na terra, utilizado sobre todo polos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial para se protexeren dos bombardeos. Xeralmente se constrúe con cemento armado, e ás veces é de grandes dimensións, como o do Tiergarten de Berlín.

    Ex: Ante o ataque das forzas inimigas, refuxiáronse nun búnker.

  3. s m

    Grupos políticos ou sociais máis inmobilistas, resistentes a calquera cambio.

Palabras veciñas

Bunias | Bunin, Ivan Aleksejevič | Bunium | búnker | Bunnell, reacción de | buño | Buño