"Resol" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 22.

  • Organismo de xestión creado en 1929 para preparar os Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (Congresos Internacionais de Arquitectura Moderna, CIAM). Os seus membros, elixidos polo mesmo congreso, tiñan a misión de ocuparse dos temas centrais e da súa posterior resolución. En 1932 tivo lugar en Barcelona unha reunión do CIRPAC para preparar o Congreso de Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido de olor a fenol, mestura de cada un dos tres compoñentes isoméricos orto-, meta- e para-, de fórmula xeral HOC6H4CH3. Obtido do alcatrán do carbón, é altamente tóxico e de absorción percutánea. Emprégase como antiséptico e na fabricación de resinas sintéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza do calzado que vai entre a planta e a sola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Piso dunha casa, de menor altura ca os demais, que se sitúa de modo xeral entre a planta baixa e o principal.

    2. Piso baixo, erixido a máis dun metro sobre o nivel da rúa, que ten por debaixo sotos ou pezas abovedadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode resolver ou determinar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de resolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a quen carece de resolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista literaria publicada en Santiago de Compostela a partir de maio de 1932. Cesou o 25 de xullo de 1936 (nº10). Subtitulouse “Hojilla volandera del pueblo”, en alusión ao seu carácter de prego literario popular, e foi dirixida por Arturo Cuadrado Moure. Aínda que non tivo periodicidade fixa supuxo unha orixinal iniciativa coa que se pretendía achegar a literatura ao pobo a través da súa distribución gratuíta por rúas e establecementos da cidade. O compromiso coa cultura do país levou aos autores da idea, intelectuais de esquerdas adscritos á Universidade de Santiago de Compostela, a crear a libraría Niké, onde os prezos dos libros dependían do poder adquisitivo do lector, e a barraca Resol, que levaba os libros por todas as feiras de Galicia. A publicación contou coa colaboración de destacados escritores como Ánxel Fole, encargado de elaborar o último número, Á. Cunqueiro, R. Dieste, R. Cabanillas, R. Otero Pedrayo, V. Risco ou F. Bouza Brey, ademais doutros moitos poetas da xeración...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida doce composta principalmente de augardente, anís e azucre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Respirar con dificultade e axitadamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de resollar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de resolver ou resolverse.

    2. resoluto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de resoluble.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode resolver.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de resolver ou resolverse.

      1. Decisión que se toma despois de reflexionar e valorar con atención unha cuestión problemática.

      2. resolución ordinaria

        Acto ou providencia que outorga o xuíz para que se faga ou execute aquilo que demandan as partes.

      3. resolución xudicial

        Determinación tomada polos tribunais de xustiza.

      4. resolución xudicial firme

        Determinación tomada polos tribunais de xustiza que se considera definitiva e non acepta recurso.

    2. Calidade da persoa que non vacila e actúa con determinación.

    3. Momento, aspecto ou dimensión da análise, que consisten na descomposición do obxecto desta nos seus elementos constituíntes e, por iso mesmo, máis simples.

    4. Procedemento destinado a resolver un problema, especialmente unha ecuación ou un sistema de ecuacións.

    5. Curación, espontánea ou mediante a medicación axeitada, dunha doenza, dunha ferida ou dun tumor, coa que o corpo ou o órgano afectado recobra o estado normal.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que resolve con facilidade e eficacia.

      2. Produto ou procedemento que resolve un dano ou unha lesión, especialmente os emplastos e cataplasmas que se aplican quentes sobre a pel para resolver un proceso infeccioso subcutáneo, como un absceso ou un furúnculo.

    1. Aplícase ao método en que se procede analiticamente ou por resolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non vacila ao tomar resolucións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que resolve ou serve para resolver.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que resolve.

    2. resolutivo.

    VER O DETALLE DO TERMO