resolución

resolución

(< lat resolutiōne)

  1. s f

    Acción de resolver ou resolverse.

    1. s f

      Decisión que se toma despois de reflexionar e valorar con atención unha cuestión problemática.

    2. resolución ordinaria [DER]

      Acto ou providencia que outorga o xuíz para que se faga ou execute aquilo que demandan as partes.

    3. resolución xudicial [DER]

      Determinación tomada polos tribunais de xustiza.

    4. resolución xudicial firme [DER]

      Determinación tomada polos tribunais de xustiza que se considera definitiva e non acepta recurso.

  2. s f

    Calidade da persoa que non vacila e actúa con determinación.

    Sinónimos: decisión.
  3. s f [FILOS]

    Momento, aspecto ou dimensión da análise, que consisten na descomposición do obxecto desta nos seus elementos constituíntes e, por iso mesmo, máis simples.

  4. s f [MAT]

    Procedemento destinado a resolver un problema, especialmente unha ecuación ou un sistema de ecuacións.

  5. s f [MED]

    Curación, espontánea ou mediante a medicación axeitada, dunha doenza, dunha ferida ou dun tumor, coa que o corpo ou o órgano afectado recobra o estado normal.

  6. s f [QUÍM]

    Proceso mediante o que se separan os enantiómeros que constitúen unha mestura racémica. Os métodos que máis se empregan son: separación mecánica de cristais, que unicamente é posible cando as dúas formas cristalizan separadamente en cristais enantiomórficos; cristalización preferente, que conduce sobre todo a enantiómeros de pureza óptica inferior ao 100%; separación bioquímica, que se basea na destrución selectiva dun dos dous enantiómeros por parte dun enzima; e a transformación en diastereómeros. Tamén se introduciron outros métodos de resolución baseados en procesos cromatográficos e cinéticos.

  7. s f [INFORM/TECNOL]

    Capacidade dun dispositivo visualizador (tubo de imaxe, pantalla ou trazador), para representar puntos distintos das dimensións máis reducidas posibles. Xeralmente exprésase polo número de píxeles por unidade de superficie ou polo total deles que é capaz de representar un visualizador determinado.