"Rodil" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • GALICIA

    Futbolista. Foi xogador do R.C. Celta de Vigo, do Real Valladolid, do C.E. Sabadell e chegou a ser internacional absoluto en 1970. Xogou na selección europea na homenaxe a Columna en Lisboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola dereita do río Eo, que nace na serra de Envernal, na parroquia do Trobo (A Fonsagrada) e desemboca na de Santalla (Ribeira de Piquín).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político, marqués de Rodil. Formou parte do Real Batallón de Voluntarios de Infantaría Lixeira de Santiago (1808). Acadou o rango de capitán xeneral e en Perú (1817), destacou como gobernador e defensor de El Callao (1824-1826). Comandou o Exército Liberal do Norte contra os carlistas (1834), foi ministro de Guerra (1836), senador por Ávila (1824-1836, 1842-1843 e 1849-1850) e deputado pola provincia de Lugo en dúas lexislaturas (1839-1842). Na rexencia de Espartero presidiu o Consello de Ministros (1842-1843). Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido pola Raíña Isabel II, xunto co vizcondado de Trobo ao tenente xeneral Xosé Ramón Rodil Galloso en 1836. Trae por armas, en campo de sinople, un guerreiro armado, contornado, situado no flanco destro, atravesando coa súa espada un helmo posto no cantón sinistro do xefe, todo de prata; ao pé do guerreiro un lobo andante, contornado, de sable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Maxistrado do Tribunal Supremo, realizou traballos literarios, como os poemarios Los de abajo (1958), Con as rosas ao peito (1964) ou El principio y las zarzas (1972), e estudos xurídicos, como Demarcación judicial de Galicia (1969?) ou El delito ecológico (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO