Rodil, marquesado de
Rodil, marquesado de
Título concedido pola Raíña Isabel II, xunto co vizcondado de Trobo ao tenente xeneral Xosé Ramón Rodil Galloso en 1836. Trae por armas, en campo de sinople, un guerreiro armado, contornado, situado no flanco destro, atravesando coa súa espada un helmo posto no cantón sinistro do xefe, todo de prata; ao pé do guerreiro un lobo andante, contornado, de sable.