"Rubiáns" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Señorío fundado en febreiro de 1535 por García de Caamaño o Alto, membro da casa de Castro Caamaño de Noia e señor de Vilagarcía, de Rubiáns, de Vista Alegre e de Barrantes. Dous séculos máis tarde, en febreiro de 1761, o Rei Carlos III concedeulle ao VII señor de Rubiáns, Rodrigo Antonio de Mendoza Caamaño Barrionuevo e Monroy, o título de grande de España. A finais do s XVIII, ao morrer sen descendencia a IX señora de Rubiáns, Clara de Oca Mendoza e Caamaño, este señorío pasou xunto cos de Vilagarcía, Vista Alegre e Barrantes á casa da familia Ozores na persoa de Juan Ozores y Valderrama. As armas do señorío de Rubiáns son similares ás armas dos Caamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Rubiáns (Vilagarcía de Arousa). Ten a súa orixe nunha torre que se construíu, segundo unha inscrición do portón, en 1445. Conserva a capela, edificada en 1598. O pazo presenta a remodelación realizada no s XVIII. Construído en granito, presenta unha aparencia exterior sólida dividida en dous tramos horizontais mediante unha cornixa.

    VER O DETALLE DO TERMO