Rubiáns, pazo de
Rubiáns, pazo de
Construción situada en Rubiáns (Vilagarcía de Arousa). Ten a súa orixe nunha torre que se construíu, segundo unha inscrición do portón, en 1445. Conserva a capela, edificada en 1598. O pazo presenta a remodelación realizada no s XVIII. Construído en granito, presenta unha aparencia exterior sólida dividida en dous tramos horizontais mediante unha cornixa.