"Rugby" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
CIDADES
Cidade do condado de Warwickshire, Inglaterra, Reino Unido, situada ao L de Coventry, á beira do Avon (87.453 h [2001]). Na súa public school comezou a desenvolverse en 1823 o deporte que tomou o seu nome, o rugby.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deporte de oposición con balón disputado entre dous equipos de quince ou trece xogadores cada un, que ten como fin marcar o máximo número posible de puntos. Cada equipo ten oito dianteiros, dous medios (denominados medio de melé e medio de apertura), catro tres-cuartos e un defensa. O balón é oval e o terreo de xogo ten unha lonxitude de 95 a 100 m, e unha largura de 66 a 68,57 m. Pódese facer andar o balón con todo o corpo, pero cando se lanza coas mans ten que ser mandado cara a atrás. Se se xuta de cara á liña de balón morto contraria, todos os compañeiros do que xuta situados por diante del están en fóra de xogo. A intercepción do avance dun contrario que ten o balón faise normalmente coa placaxe, que consiste en facelo caer ao chan agarrándolle a cintura ou as coxas cos brazos. Márcase un ensaio cando se consegue pousar o balón no chan no terreo de ensaio contrario, e faise un gol cando cun xute ao bote (drop goal) ou colocado se fai pasar o balón entre os paus por riba do...