"Sabarís" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • GALICIA

    Empregado de banca e político. Foi asesor do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (1994-1998) e do Ente Público Portos de Galicia (1996-1997). Na V lexislatura galega foi parlamentario no grupo do Partido Popular (1997-1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da ribeira esquerda da ría de Baiona situada preto da desembocadura do río Miñor, na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa (Baiona).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Ten planta en forma de L, cunha torre do s XIX nun dos seus extremos. Na parte baixa presenta un soportal e na fachada oeste unha balconada de madeira. O acceso ao recinto realízase a través dun portón arquitrabado que remata en pináculos e nunha cruz de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Groba en Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Trátase dunha ponte de cantaría cun só arco de medio punto, lixeiramente alombado. Atópase no antigo camiño de Baiona a Vigo e Gondomar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Groba en Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Trátase dunha ponte de cantaría do s XV, lixeiramente alombada e con tres arcos de medio punto e tallamares. Atópase no antigo camiño de Baiona a Vigo e Gondomar.

    VER O DETALLE DO TERMO