"San Mamede" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 25.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución formada o 21 de xaneiro de 1991 e presidida por Eligio Rivas Quintas. O seu obxectivo é conservar a natureza e promocionar o pobo da serra ourensá de San Mamede e dos concellos do seu contorno. Organizan conferencias sobre etnografía ou historia, escaladas ao alto de san Mamede e obras de restauración do camiño e da ermida.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Datada nos primeiros anos do s XIII, da antiga fábrica románica só se conservan as portas e parte da nave. Ten planta rectangular coa cuberta a dúas augas. O acceso á capela maior practícase por medio dun arco de medio punto. Destaca a portada principal con dúas arquivoltas que están protexidas por unha moldura saínte e axadrezada. No tímpano está gravado un arco entrelazado que debuxa unha cruz de arcos iguais.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Pantón. Da súa antiga fábrica, posiblemente do s XIII, consérvase a porta principal que conta cun tímpano semicircular apoiado en xambas lisas. Sobre o arco de descarga consérvase unha imaxe da Virxe co Neno da mesma época.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Boborás. Construída en estilo románico (finais s XII-comenzos s XIII), consta dunha soa nave cuberta con bóveda de canón e ábsida rectangular cun van decorado. A fachada principal ten portada con arco de medio punto, dobre arquivolta e tímpano historiado, que leva na parte baixa unha cruz, tres baquetas circulares lisas, unha singular decoración de bólas e unha imaxe do Apóstolo Santiago vestido de peregrino. Destaca unha cruz dos templarios sobre a espadana e a inscrición referida á fundación do templo. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1946.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cuntis. Datada a mediados do s XVIII, ten planta de cruz latina cunha soa nave cuberta con bóveda de canón, cruceiro e capela. A torre-campanario ten dous corpos e sitúase no lado dereito da fachada principal. Accédese a ela mediante unha escaleira exterior de pedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado no concello de Ames. Foi doado á igrexa de Santiago polo conde de Galicia don Reimundo e a súa muller dona Urraca en 1107.
-
MONTES
Monte que pertence ao sistema montañoso da serra de San Mamede, situado entre os concellos de Vilar de Barrio, Montederramo e Maceda. O seu cumio acada os 1.618 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia do litoral atlántico, situada entre as de Caldebarcos e Carnota, na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilariño de Conso baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra de Trives baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Parroquia do concello de Palas de rei. baixo a advocación de San mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -