Moldes, San Mamede de

Moldes, San Mamede de

Igrexa parroquial situada en Boborás. Construída en estilo románico (finais s XII-comenzos s XIII), consta dunha soa nave cuberta con bóveda de canón e ábsida rectangular cun van decorado. A fachada principal ten portada con arco de medio punto, dobre arquivolta e tímpano historiado, que leva na parte baixa unha cruz, tres baquetas circulares lisas, unha singular decoración de bólas e unha imaxe do Apóstolo Santiago vestido de peregrino. Destaca unha cruz dos templarios sobre a espadana e a inscrición referida á fundación do templo. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1946.