"Seixas" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 10.

  • GALICIA

    Historiador. Desempeñou parte do seu labor investigador no Instituto Universitario Europeo di Firenze (1989-1992) e especializouse en historia contemporánea. Centrouse no estudo comparado dos nacionalismos europeos e en temas migratorios, que investigou desde a Universidade de Santiago de Compostela. Publicou O galeguismo en América, 1879-1936 (1992), Emigrantes, caciques e indianos (1998) e O inmigrante imaxinario. Estereotipos, identidades e representacións dos galegos na Arxentina (1860-1940) (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cospeito baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello das Somozas baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, cinco pombas de prata, pousadas e colocadas en aspa. Outra trae, en campo de azul, seis pombas de prata, colocadas en dous paus de tres. Outra, en campo de prata, tres pombas de goles, mal ordenadas. Outra, en campo de goles, un azor da súa cor, cun cascabel de prata colgado do colo, sostido dun penedo da súa cor, en punta. Presenta a variante castelanizada Seijas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Pígara, Guitiriz 30.9.1954) Escultor. Licenciado en Belas Artes pola Universidad de Sevilla, realizou traballos de restauración en diversas cidades españolas e na catedral de Santo Domingo. Traballou a madeira, a pedra, o metal ou o cánabo en obras dotadas dun expresionismo de carácter abstracto. Realizou, entre outras obras, Acción permanente, Andadura azul, Canto femenino (2004), Geometrías interiores (2004) e Dos caminos (2004). Ten obra en diversas coleccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Foi redactor e guionista da TVG, e coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Membro da Fundación Castelao e do equipo de redacción de A trabe de ouro, colaborou en diversos medios. Publicou, entre outras obras, Compostela, camiño de encontro (1994) e Anxel Casal (1995), e, con outros autores, Álvaro Cunqueiro 1911-1981. Unha fotobiografía (1981), A memoria de Santiago: álbum de postais (2000) e Para ler a Castelao (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xesuíta. Ordenado sacerdote en 1948, foi misioneiro na República Dominicana, onde traballou en Juventud Obrera Católica. Fundou diversos grupos cristiáns e foi profesor no seminario de Vigo. Defensor da liturxia en galego, oficiou a primeira misa en galego en San Domingos de Bonaval o 25 de xullo de 1965 e solicitou ao Vaticano a aprobación da liturxia nesta lingua. Escribiu 400 nomes galegos para homes e mulleres (1977). Recibiu a Medalla Castelao en 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, deseñador e poeta surrealista portugués. Relacionado co grupo Os Surrealistas, participou nas exposicións que este movemento realizou en 1949 e 1950. Caracterízase pola influencia da poética de Bretón ou Dalí (obxectos dotados de cualidades animadas) ademais do primitivismo africano (a imaxinaría africana da morte).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no O da parroquia de Camposancos (Lalín). O seu cumio acada os 613 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIA

    Praia aillada de area dourada e rochas situada no concello de Cambados.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 300 metros ANCHURA MEDIA: 3 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Rochas / Area TIPO AREA: Dourada CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Si Tipo: Espazo Natural/Prop. Red Natura 2000 BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital do Salnés DIRECCIÓN: Estromil-Ande-Rubianes. Vilagarcía de Arousa...

    VER O DETALLE DO TERMO