"Sevilla" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 18.
-
GALICIA
Doutor en Dereito, mariño mercante e profesor mercantil. Foi director da Escola de Comercio de Ciudad Real e académico de número da Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación. Escribiu: La cátedra de política económica (1934), Manual de derecho y economía (1942), Derecho mercantil español (1947), Derecho laboral (1954), Elementos de derecho y legislación mercantil (1954), Derecho civil, obligaciones y contratos (1956), Legislación del trabajo y seguros sociales (1958) e La cuestión o participación de los trabajadores en la administración de las empresas (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fillo de musulmán e de cristiá, seica foi martirizado xunto cos seus irmáns Xoán e Auria polos árabes de Córdoba no 852. A súa festa celébrase o 27 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Il barbiere di Siviglia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Le barbier de Séville ou la précaution inutile.
-
PERSOEIRO
Ilustradora. Licenciada en Belas Artes na facultade de San Fernando e profesora de debuxo, participou en varias exposicións colectivas e individuais como a II Mostra de Pintura (1989), a II Bienal de Artistas Galegas (1990) ou Galicia Solidariedade (1994). Das súas ilustracións destacan, entre outros, os títulos: A perla (1990), A lúa non está á venda (1990), Paulina ao piano (1991), Endrina e o segredo do peregrino (1992) e O príncipe feliz (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei visigodo (583? - 584), fillo do Leovixildo. Casou con Ingunda, princesa católica irmá de Khildeberto de Austrasia, e abxurou do arianismo para converterse ao catolicismo co nome de Xoán (579). Enviado como gobernador á Bética, sublevouse contra o seu pai, proclamouse rei e, aliándose cos bizantinos e cos suevos, liderou a facción católica contraria a Leovixildo. Capturado preto de Córdoba, foi desterrado a València e encarcerado en Tarragona, onde morreu decapitado ao negarse a abxurar da nova relixión. O Papa Gregorio o Grande considerouno mártir do catolicismo. Canonizado en 1585, pasou a ser copatrón de Sevilla. A Real Orde de Santo Hermenxildo, instituída por Fernando VII (1804), é unha orde militar que recompensa a permanencia e constancia no servizo das armas a oficiais, xefes e xenerais. Na iconografía represéntase como un mozo imberbe de longa cabeleira, que viste túnica curta e clámide ou manto real, e coroa real sobre a cabeza. Leva como atributos unha esfera e un...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Sevilla 560? - 636) Doutor da Igrexa e arcebispo de Sevilla (601-636). Era irmán de san Leandro, a quen lle serviu de titor e mestre, e do que herdou o arcebispado. Compilador e sistematizador da ciencia antiga, foi un dos principais mestres da Europa medieval latina. Presidiu distintos concilios en Sevilla e Toledo, organizou bibliotecas e ordenou a liturxia hispamo-visigoda. Autor de numerosas obras, a de maior relevancia foi Etymologiae, obra enciclopédica que comprendía o saber humano da época. Tamén destacan Historia Gothorum Vandalorum Sueborum, Setentiae e Regula monachorum. As súas reliquias trasladáronse a León onde recibe culto desde o s XI. É patrón das facultades de Filoloxía, Xeografía e Historia, Filosofía e Ciencias da Educación. Na iconografía viste de pontifical con casula ancha e sagrado palio, ás veces coa mitra na cabeza, e leva como atributos: un báculo da tripla cruz arcebispal, un libro aberto e unha colmea....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Antonio Martínez Pérez.
-
PERSOEIRO
Xograr de probable orixe galega. O toponimo do apelido pode facer referencia ao seu lugar de orixe ou máis ben ao sitio onde desenvolveu a súa actividade, entre 1257 e 1275, xa que existen documentos (1265) dunha doazón que recibiu do Rei Afonso X da repartición de Jerez de la Frontera arredor de 1268, datas que coinciden coa súa produción poética. Segundo outras fontes, pode corresponder cun clérigo da zona de Betanzos, en referencia á documentación de 1260, 1261 e 1275, que despois foi cóengo da catedral de Oviedo, segundo datos dos anos 1288 e 1289, e que fixo testamento como cóengo en Salamanca, en 1302. Polas referencias dos seus textos, sábese que estivo na corte do Rei Afonso X e que mantivo contacto cos trobadores Johan Baveca, Johan Vasquiz de Talaveira e Vasco Perez Pardal, tal e como reflicten as súas tenzóns, e sábese tamén que participou no ciclo de escarnios dedicados a Maria Balteira. Da súa abondosa obra consérvanse un total de 36 composicións, divididas en catro cantigas...
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Sevilla e capital de Andalucía (684.633 h [2001]). Situada no val baixo do Guadalquivir, é unha cidade de esteiro e porto fluvial. Foi un porto importante xa en época romana e musulmá e procuroulle o máximo esplendor entre 1503 e 1717. Coa canalización do Guadalquivir, reafirmouse a función portuaria e a poboación incrementouse extraordinariamente, sobre todo a partir de 1930 grazas á crecente industrialización e aos múltiples servizos que aproveitan a situación de cruzamento das rutas do SO de España. As comunicacións potenciáronse a partir de 1990, coa chegada do AVE e o arranxo e construción de novas autovías. O turismo de primavera, con motivo da Semana Santa e da Feria de Abril, complementa a economía. É o centro administrativo, cultural e económico de Andalucía occidental e de Extremadura meridional. Foi sede da Exposición Universal de 1992. A antiga Hispalis recibiu a influencia de fenicios, gregos e cartaxineses. Conquistada polos romanos (205 a C), declarouse...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da Comunidade Autónoma de Andalucía, integrada por 102 municipios (14.000 km2; 1.727.603 h [2001]). A súa capital é Sevilla. É unha provincia agrícola na que destacan os cultivos de oliveiras, vide, algodón, remolacha azucreira, trigo e tomates, que se complementan coa gandaría vacúa, lanar, porcina e avícola, ademais da cría de touros de lidia. A industria é derivada da agricultura, aínda que tamén destaca a aeronáutica e a metalúrxica. Os servizos cobraron moita importancia sobre todo na capital provincial. Ademais da capital, os municipios máis poboados son Dos Hermanas (101.988 h), Alcalá de Guadaira (57.426 h), Utrera (45.175) Mairena del Aljarafe (35.833 h), Los Palacios y Villafranca (33.045 h), La Rinconada (29.282 h), Carmona (27.794 h) e Morón de la Frontera (27.710 h).
-
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado no SL da comunidade autónoma (4.499 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz e cantante. De nome María del Carmen García Galistero, en 1948 debutou no cine con Jalisco canta en Sevilla. Da súa filmografía destacan La fierecilla domada (1956), King of Kings (1960), Anthony and Cleoptatra (1972) e La loba y la paloma (1973). En televisión presentou diversos programas como Telecupón (1991-1997) e, desde 2004, Cine de barrio.
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Reino musulmán independente creado en Sevilla pola familia dos Banū ‘Abbād (abbaditas) como consecuencia do derrubamento do Califato de Córdoba (1023). Baixo al-Mu’ta ḋ id anexionáronse, entre outras, as taifas de Carmona, Sives e Mértola, ata o Algarve, e, baixo Muhammad al-Mu’tamid, as de Toledo e Córdoba (1078). Desapareceu pola ocupación do sultán almorábide de Marrocos Yūsuf ibn Tāšfīn (1090).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma andaluza da danza da seguidilla castelá e manchega. No seu desenvolvemento alternan o compás de 3/8 e de 2/8. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
-
Relativo ou pertencente a Sevilla ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Sevilla.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
igo 31.1.1942 - Pontevedra 31.7.1994) Pintor, fillo de Ánxel Sevillano García. Iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios onde tivo como mestre a Luís Torras e estudou belas artes en València e Madrid. Foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e tivo unha bolsa de paisaxe en El Paular. Profesor de debuxo de ensino medio, instalouse en Vigo ata que na década de 1980 se trasladou a Venezuela e, ao seu regreso, instalouse en Vilagarcía de Arousa. Nos seus inicios cultivou a paisaxe de raíz expresionista, en que dominaban os verdes e negros, para despois realizar unha figuración con cadros protagonizados por unha multitude de personaxes en escenas da vida cotiá. Empregou a liña grosa que marca os contornos e unha paleta de cores cálidas que, despois da estancia en América, volveuse máis intensa ao tempo que incorporou unha tipoloxía autóctona. Nas súas últimas obras introduciu os ouros e as pratas. Realizou tamén bodegóns, en que empregou gamas de terras, ocres e azuis, e mobles aos...
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Foi subdirector de El Pueblo Gallego, onde en moitas ocasións asinaba os seus artigos como Vicus, director da revista Grial e do Anuario de Vigo, redactor xefe da Hoja del Lunes e colaborador de Vida Gallega. Escribiu os libros de poemas O muíño albeiro (1935), O amor, o mar, o vento e outros gozos (1938), Terra liñar (1947) e As dornas da preguiza (1963). Como narrador publicou o libro de relatos Historias do canizo (1979) e a novela Doutor Famiano (1988). Foi membro correspondente da Real Academia Galega e recibiu o Premio Nacional de Periodismo Octubre (1943), o Gran Premio de Vigo de Cinematografía (1960) e o Premio Ciudad de Vigo (1970).
VER O DETALLE DO TERMO