Sevilla

Sevilla

Provincia da Comunidade Autónoma de Andalucía, integrada por 102 municipios (14.000 km2; 1.727.603 h [2001]). A súa capital é Sevilla. É unha provincia agrícola na que destacan os cultivos de oliveiras, vide, algodón, remolacha azucreira, trigo e tomates, que se complementan coa gandaría vacúa, lanar, porcina e avícola, ademais da cría de touros de lidia. A industria é derivada da agricultura, aínda que tamén destaca a aeronáutica e a metalúrxica. Os servizos cobraron moita importancia sobre todo na capital provincial. Ademais da capital, os municipios máis poboados son Dos Hermanas (101.988 h), Alcalá de Guadaira (57.426 h), Utrera (45.175) Mairena del Aljarafe (35.833 h), Los Palacios y Villafranca (33.045 h), La Rinconada (29.282 h), Carmona (27.794 h) e Morón de la Frontera (27.710 h).