"Silleda" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa Baia que dá nome ao concello de Silleda, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Deza situado na provincia de Pontevedra no centro da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 35’ de latitude N e 8° 35’ de lonxitude O. Limita ao N con Vila de Cruces (comarca de Deza), ao L con Lalín (comarca de Deza), ao S con Forcarei (comarca de Tabeirós-Terra de Montes), e ao O coa Estrada (comarca de Tabeirós-Terra de Montes) e Boqueixón (comarca de Santiago). Abrangue unha superficie de 168 km 2 cunha poboación de 9.053 h (2001), distribuída nas parroquias de Abades, Ansemil, Breixa,Carboeiro, O Castro, Cervaña, Chapa, Cira, Cortegada, Dornelas, Escuadro, Fiestras, Graba, Lamela, Laro, Manduas, Margaride, Martixe, Moalde, Negreiros, Oleiros, Parada, Pazos, Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas, Saídres, Siador, Silleda, Taboada, Vilar e Xestoso. A capital é o núcleo de Silleda, na parroquia homónima, que dista 68 km de Pontevedra e 33 km de Santiago de Compostela. Pertence ao partido xudicial de Lalín e ás dioceses de Santiago e Lugo.
    Xeografía...

    VER O DETALLE DO TERMO