"Silves" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 19.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa formada por Francesc Amorós e Oswald Silvestrini e constituída por diversos circos ambulantes.
-
-
Dise dunha planta silvestre que procede da semente dunha planta cultivada.
-
Aplícase ao animal doméstico que fuxiu e se volveu salvaxe.
-
-
GALICIA
Escultor e tallista. Protexido do arcebispo Gil Taboada, dedicouse á creación de retablos, escudos de tallas e mobles desde 1753. Realizou, entre outras obras, unha custodia para San Martiño de Prado, un retablo para a igrexa de Santa Baia de Onción e un camarín para a igrexa de Souto Longo. Traballou en diferentes estancias do Hospital Real de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político venezolano. Ocupou diversos cargos públicos ata 1810, cando se uniu á causa emancipadora. Formou parte da Junta Patriótica, foi presidente da Alta Corte de Justicia e gobernador de València, ata a capitulación da cidade, trala que foi apresado e executado polas forzas realistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida ao redor de 1982 en Vigo. Subtitulouse “Revista mensual de caza, pesca, tiro y naturaleza”. Editouna e dirixiuna Luis Macías.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Loitou en Cuba (1895-1898) e en Marrocos, onde en 1920, ascendido a xeneral e a axudante de campo do Rei Afonso XIII, intentou unha penetración cara ao interior, coñecida como a Desfeita de Annual.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo escolástico italiano. Comentarista de Aristóteles, foi coñecido por ser o restaurador da tradición tomista coa súa obra Comentario á Summa contra xentiles de Tomé de Aquino.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Adscribiuse en 1861 ao movemento dos macchiaioli. Nas súas paisaxes domina a masa de cor sobre a precisión dos contornos. Destaca Imboscata di bersaglieri italiani in Lombardia (1861).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi un dos mellores representantes do neoclasicismo hispánico. En Euskadi realizou o Teatro de Vitoria, a casa do concello de Donostia e as igrexas de Motrico (1789) e Bermeo (1820). En Madrid destaca a Puerta de Toledo e en Galicia a igrexa de Mugardos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Parroquia do concello de San xoán de río. baixo a advocación de San silvestre.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do distrito de Faro situada no Algarve, Portugal. É un centro comercial e turístico a 17 km da costa. Capital da cora de Ocsobona (Algarve), o califa ‘Abd al-Ra ḥ mān III tolerou a súa independencia a cambio dun tributo anual (929). Foi incorporada a Portugal en 1249.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que se cría de forma natural nos bosques ou nos campos.
-
Que vive en liberdade na natureza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do latín Siluester, a partir do adxectivo silvester ‘boscoso’, ‘habitante dos bosques’ e de aí ‘salvaxe, rústico’, derivado de silva ‘selva’. Aparece testemuñado como nome só en época cristiá.
-
PERSOEIRO
Papa (314-335). Confesor da fe na última persecución, foi o primeiro papa despois do Edito de Milán (313). Segundo a tradición bautizou a Constantino. Viste de pontifical, con palio e tiara e cunha pía bautismal como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 31 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (999-1003). De nome Xeberto de Orlhac, foi arcebispo de Reims (989). Desamigouse co Rei Roberto II (996) e tivo que refuxiarse na corte do Emperador Odón III, de quen foi mestre e conselleiro e quen o fixo arcebispo de Rávena (989). Como papa esforzouse na restauración do Imperio Romano en mans dos xermánicos. Isto valeulle a inimizade dos Crescenzi de Roma que provocaron a súa fuxida da cidade xunto a Odón III (1001). Introduciu o uso do cero na Europa cristiá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1045). De nome Giovanni Crescenzi, foi bispo de Sabina. Foi elixido papa grazas a Gerardo di Sasso, quen destronou a Benedito IX. O retorno ao solio de Benedito IX, tamén pola forza das armas, obrigouno a refuxiarse en Sabina. Deposto polo Sínodo de Sutri (1046), xunto aos seus rivais Benedito IX e Gregorio VI, pasou os seus derradeiros días encerrado nun mosteiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antipapa (1105-1111). Foi elixido papa polo pobo romano durante o pontificado de Pascual II.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Comprometeuse coa lingua a través da escrita de diversos poemas e a colaboración en publicacións, como Follas Novas, A Gaita Gallega, Galicia Humorística, A Monteira e O Tío Marcos d’a Portela. Na súa obra aparecen nomeados moitos dos escritores galegos da época, algúns deles amigos seus. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como rexistrador da propiedade en diferentes localidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos silvestrinos.
-
Monxe da congregación monástica de San Bieito de Montefano (Macerata), Italia, fundada por san Silvestre Guzzolini en 1231. A congregación adoptou a regra beneditina e foi aprobada polo Papa Inocencio IV en 1248. Tivo unha rama feminina que se extinguiu en 1822.
-