Silvestre II

Silvestre II

Papa (999-1003). De nome Xeberto de Orlhac, foi arcebispo de Reims (989). Desamigouse co Rei Roberto II (996) e tivo que refuxiarse na corte do Emperador Odón III, de quen foi mestre e conselleiro e quen o fixo arcebispo de Rávena (989). Como papa esforzouse na restauración do Imperio Romano en mans dos xermánicos. Isto valeulle a inimizade dos Crescenzi de Roma que provocaron a súa fuxida da cidade xunto a Odón III (1001). Introduciu o uso do cero na Europa cristiá.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Aquitania

  • Deceso

    Lugar : Roma