"Silvestre II" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
PERSOEIRO
Papa (999-1003). De nome Xeberto de Orlhac, foi arcebispo de Reims (989). Desamigouse co Rei Roberto II (996) e tivo que refuxiarse na corte do Emperador Odón III, de quen foi mestre e conselleiro e quen o fixo arcebispo de Rávena (989). Como papa esforzouse na restauración do Imperio Romano en mans dos xermánicos. Isto valeulle a inimizade dos Crescenzi de Roma que provocaron a súa fuxida da cidade xunto a Odón III (1001). Introduciu o uso do cero na Europa cristiá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (1045). De nome Giovanni Crescenzi, foi bispo de Sabina. Foi elixido papa grazas a Gerardo di Sasso, quen destronou a Benedito IX. O retorno ao solio de Benedito IX, tamén pola forza das armas, obrigouno a refuxiarse en Sabina. Deposto polo Sínodo de Sutri (1046), xunto aos seus rivais Benedito IX e Gregorio VI, pasou os seus derradeiros días encerrado nun mosteiro.
VER O DETALLE DO TERMO