"Sisnando" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe xermánica formado por un segundo elemento, nanths ‘valente, ousado’. O primeiro elemento procede de sisu ‘encantamento, bebedizo’, e isto daría ‘valente por un bebedizo’, ou de sis ‘queixarse, preitear’, e, polo tanto, ‘valente nos preitos’. En calquera caso parece estar na base do topónimo Sernande e quizais de Cernán e Cernande.
-
PERSOEIRO
Bispo de Santiago de Compostela. Recibiu importantes doazóns do Rei Afonso III. Conseguiu a construción dun novo templo para o Apóstolo Santiago (899) e a dos mosteiros de San Paio de Antealtares, San Martiño Pinario e San Fiz de Lovio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Iria, fillo dos condes Hermenexildo e Paterna. Foi elixido baixo o reinado de Ordoño III, pero coa subida ao trono de Sancho I o rei substituíuno por san Rosendo. Volveu de novo ocupar o seu posto e morreu en loita contra os normandos.
VER O DETALLE DO TERMO