Sisnando

Sisnando
[ONOM]

Antropónimo masculino de orixe xermánica formado por un segundo elemento, nanths ‘valente, ousado’. O primeiro elemento procede de sisu ‘encantamento, bebedizo’, e isto daría ‘valente por un bebedizo’, ou de sis ‘queixarse, preitear’, e, polo tanto, ‘valente nos preitos’. En calquera caso parece estar na base do topónimo Sernande e quizais de Cernán e Cernande.